A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.
O Santuario da Virxe da Barca

"O
santuario de Nosa Señora da Barca é un dos primeiros de Galicia pola súa antigüedade e polo número de romeiros que acoden a el (máis de cincuenta mil nun só fin de semana). Foi declarada
Festa de Interese Turístico Nacional e a súa antigüedade vai parella á data da fundación da primeira capela, cara o
século XI ou XII.
Viaxeiros e escritores falan do santuario polo menos dende o
século XVI, e poetas de todos os tempos cantaron ás súas pedras con grande inspiración. Poderiamos citar a Rosalía de Castro, López Abente, García Lorca..."
O culto ás pedras

"A tradición do culto ás pedras parece estar moi enraizada na
cultura celta e, aínda antes dela, dende os tempos do
Neolítico cando se levantaron os dolmens.
As
pedras oscilantes foron tamén obxecto de
culto e de práctica de
ritos esotéricos (só os limpos de corazón son capaces de facelas oscilar).
A
Pedra de Abalar de Muxía está ligada ás tradicións xacobeas, que afirman que a Virxe María chegou a esta costa nunha barca de pedra para socorrer ao Apóstolo Santiago. Cando a Señora desapareceu, quedou alí a barca (
Pedra dos Cadrís), o leme (
Pedra do Leme) e a candea (
Pedra de Abalar).
Esta última ten case
nove metros de longo e uns
trinta centímetros de grosor. Os visitantes colócanse sobre ela para conseguir que oscile, cousa que fai emitindo un misterioso ronquido. Ao parecer a pedra 'abala' cando quere, hai veces que se colocan moitas persoas enriba e non 'abala', e outras 'abala' soa. Tamén din que cando 'abala' soa, predí algunha desgracia."
