A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.
Miradoiro de Monte Castro
Situado na parroquía de
Moraime, lugar de
Xanzón, ubicado no cumio do
Monte do Castro. De contorna marítimo-forestal.
Dende este miradoiro contémplase boa parte do municipio de
Muxía, a
ría de Camariñas e as puntas de
Cachelmo e
Buitra.
Hai aquí restos dos muros defensivos dun
castro, de forma ovalada. Na tradición popular consérvanse referencias lexendarias deste castro.
· O
acceso dende Muxía: tómase a estrada en dirección a
Negreira, ao pasar o
río Moraime xírase á dereita. No lugar de
Agreiras volvemos a xirar á dereita ata o núcleo de
Castelos. Aquí hai un camiño que conduce ao
Monte do Castro.
