Galego | Castellano | English
A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.

Cruceiros en Muxía

Cruceiros de Ozón

O primeiro cruceiro posúe plataforma cuadrangular de dous graos, con pedestal cuadrangular. O seu fuste é octogonal e o seu capitel cuadrangular moldeado. Posúe cruz tamén cuadrangular de brazos con chafráns, remates florenzados, INRI de cartilla, con coroa de espiñas e cravos.

O segundo posúe plataforma cuadrangular de tres graos, con pedestal cuadrangular que remata con chafráns. O seu fuste é cadrado con chafráns e o capitel cuadrangular, moldeado e con cabezas de anxo con ás. A cruz é cuadrangular coas imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, a cabeza cara adiante, mans abertas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita e INRI (pergameo); e no reverso a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados.

Volver
Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte