Galego | Castellano | English
A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.

Arquitectura Popular en Muxía

Hórreo de Ozón

Hórreo de OzónTrátase dun hórreo de grandes dimensións, o que o sitúa entre os de maior tamaño de Galicia (aproximadamente 27 metros). Está realizado en granito na súa totalidade e aséntase sobre pés e tornarratos circulares.

Pazo de Senande

Propiedade privada non visitable. Domina o val de acceso a Muxía. Nos seus arredores existen restos arqueolóxicos de orixe romana; xunto á igrexa de San Cibrán de Vilastose.

Casa de grandes proporcións en escuadra con escalinata de acceso ao patín posterior. Os muros son de cachotería e cadeirado en esquinais, cornixas e formación de ocos. Conserva en bo estado o pombal.

Pazo de Serantes

Propiedade privada non visitable situada en Serantes (Moraime). Conserva pedra de armas na fachada. Os muros son de cachotería, con perpiaños en formación de ocos.

Para chegar a el dende Muxía, tómase a estrada en dirección a Negreira. Ao pasar o río Moraime xírase á dereita, séguese esta vía en dirección á Pereiriña. Ao chegar ao lugar de Agrieras cóllese o desvío á dereita ata Serantes, onde está o pazo.

Secadoiros de Congro

Secadoiro de congrioEn Muxía consérvanse os únicos secadoiros de congro de todos os que existían antigamente ao longo da Costa da Morte.

Hoxe en día consérvanse tres secadoiros, situados preto do dique de abrigo do porto de Muxía, sendo visibles tamén dende o camiño que leva ao Santuario de Nosa Señora da Barca.



Para levar a cabo o secado do congro estes son distribuídos nas "cabrias" que son estructuras de madeiros con disposición horizontal e vertical. Durante un período de tempo o congro permanece exposto ao sol e ao vento. Cando está o suficientemente seco procédese ao seu envasado e posterior comercialización. Fundamentalmente destínase a Cataluña e a Aragón.

Volver
Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte