A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.
Presentación

· Habitantes: 6.200
· Superficie en km²: 121
· Capital: Muxía.
· Parroquias: Bardullas, Buiturón, Caberta, Coucieiro, Frixe, Leis, Moraime, Morquintán, Muxía, Nemiña, Nosa Señora da O, Ozón, Touriñán, Vilastose.
· Entidades de poboación: 102
O termo municipal de Muxía ocupa a beira meridional da
ría de Camariñas e un segmento da Costa da Morte no que se atopa o
cabo Touriñán, que é, xunto con Fisterra, a terra máis occidental de Galicia. Cara o interior limita cos municipios de Cee e Dumbría ao sur, e Vimianzo ao este. Camariñas esténdese pola outra beira da ría.
Muxía é típicamente costeira, estendéndose dende o
río Grande de Ponte do Porto ata o
río Castro. Mariñeira por excelencia, destacan entre a súas capturas o besugo, a pescada, o congro e distintas especies de marisco, destacando os percebes. Pero tamén cumpre unha función comercial e de servizos importante, sobresaíndo a arte do encaixe.
Como Chegar
Dende A Coruña:Pola estrada C-552 chegamos a Berdoias e tomamos a LC-440 ata Muxia (92 quilómetros). A LC-441, de Negreira a Muxía, cruza tamén en Berdoias a C-552.
Dende Santiago:Seguindo a C-543 ata Noia e enlazando coa C-550 (75 quilómetros).
Contacto
· Teléfono: 981 742 001 / 981 742 117
Web oficial
http://www.concellomuxia.com