Galego | Castellano | English
A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.

Novas

A GASTRONOMÍA DA COSTA DA MORTE PRESÉNTASE EN MADRID DA MAN DOS GRANDES CHEFS (19-01-2010)

O autobús promocional tamén se desplazará a Fitur do 20 ao 24 de xaneiro

Imaxe promocional do Plan de Promoción e Comercialización do Destino Turístico Costa da MorteO Plan de Promoción e Comercialización do Destino Turístico Costa da Morte posto en marcha pola Deputación da Coruña en outubro de 2009 conclúe esta semana na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid con dúas citas de grande importancia.

Este mércores 20 de xaneiro terá lugar no Restaurante Sanxenxo unha pasarela gastronómica á que asistirán expertos en turismo e críticos gastronómicos de prestixio internacional e prensa especializada.

Cunha coidada escenografía e orixinal guión, no evento tratarase de amosar a gran riqueza culinaria da Costa da Morte da man de tres restauradores, así como a nosa mellor materia prima.

Fernando Agrasar, propietario de "As Garzas" en Malpica e estrela Michelín, abrirá o apetito con tres bocados de primeira: Longueiróns de Fisterra en aceite verde de cítricos, Caldiño de mariscos e peixes da Costa da Morte e Percebes do Roncudo con cachelos de Coristanco. O chef do restaurante "Combarro" en Madrid presentará, de seguido, unha Empanada de berberechos da Cabana; e Sacha Hormaechea, xefe de cociña do restaurante "Sacha", poñerá o punto e final ao concerto culinario cunha Torta interpretada de rixóns da Laracha. Á degustación destes pratos sumarase a presentación do prestixioso Pan de Carballo.


Unidade móbil
O destino turístico Costa da Morte tamén estará presente do 20 ao 24 de xaneiro na feira Fitur coa unidade móbil "Costa da Morte, un mar de vida".



[Ler a nova completa]

Fitur >>  

A COSTA DA MORTE VISITA CATALUÑA (08-01-2010)

O Maresme e Paisatges del Ter d`Osona.

logo do terA saída que se realizará a Cataluña, dentro do Plan de Promoción e Comercialización do Turismo da Costa da Morte, coordinado pola Deputación da Coruña, o Ministerio de Industria e a Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Costa da Morte.

Con esta saída o que se pretende é dar a coñecer a xestión de dous destinos turísticos nos que a organización dos mesmos e a súa comercialización corren a cargo dun ente de xestión. Haberá contactos con empresas, administracións e cos propios entes de xestión.

A esta viaxe acudirán ademais da representación de 8 empresas socias da APTCM, D. Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación da Coruña e Presidente da área de Promoción Económica, Emprego e Turismo e os deputados provinciais da zona D. Xoán M. Sande, Deputado Provincial e Presidente da área de Benestar, Igualdade e Normalización Lingüística; D. José M. Pequeño, Deputado Provincial e Presidente da Área de Planos Especiais e Medio Ambiente. Alcalde de Dumbría; D. José Manuel López, Deputado Provincial, Alcalde de A Laracha; D. José Manuel Traba, Deputado Provincial, Alcalde de Fisterra E D. José Ramón Varela, Alcalde de Malpica de Bergantiños e Presidente da Xestora do Consorcio de Turismo da Costa da Morte. Ademais de diversos medios de comunicación da zona.

Preténdese con esta viaxe, coñecer e transmitir como se organiza un destino turístico en base á coordinación desde un ente xestor.

www.paisatgesdelter.com >>
www.costadelmaresme.es >>  

LUGO ACOLLE UNHA CAMPAÑA PARA PROMOCIONAR O DESTINO TURÍSTICO COSTA DA MORTE (02-12-2009)

Unha unidade móbil equipada con tecnoloxía de última xeración estará na cidade desde mañá ata o sábado para dar a coñecer este territorio entre a poboación local

O autobús “Costa da Morte, un mar de vida”, na súa visita ao Camp Nou

O autobús “Costa da Morte, un mar de vida” visita estes días a provincia de Lugo para dar a coñecer entre a poboación o gran atractivo turístico desta franxa litoral galega do noroeste da provincia da Coruña, que se estende entre os concellos da Laracha e Muros.



Neste espazo expositivo itinerante equipado con tecnoloxía de última xeración os interesados poderán encontrar información detallada do territorio, abundante material promocional, como folletos, guías, diversas publicacións sobre a riqueza natural e patrimonial, e recomendacións sobre aloxamentos e ofertas para viaxar a este destino turístico galego.

Os cidadáns tamén poderán aproximarse a esta franxa litoral a través da proxección de vídeos e aclarar dúbidas grazas á información facilitada polos expertos que se desprazan co autobús no percorrido que está a facer por todo o Estado.

Tras o seu paso por Vigo, Barcelona, Donosti, Pamplona, León, Valladolid, Ourense e Pontevedra, a unidade móbil chega a provincia de Lugo para estar desde mañá, xoves 3 de decembro, ata o vindeiro sábado no centro da cidade da muralla, en concreto na rúa Teniente Coronel Teijeiro, á altura da subdelegación do Goberno, desde as 11.00 horas ás 20.00 horas.

Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Comercialización e Promoción do destino Turístico Costa da Morte posta en marcha pola Deputación da Coruña co fin de dar a coñecer o territorio dentro e fora das súas fronteiras, tamén acompañarase da colocación dun stand informativo no centro comercial As Termas no que os interesados poderán encontrar información sobre a comarca coruñesa desde hoxe ata o sábado.

[Nota de Prensa]

MÁIS DE 30 PERSOAS PARTICIPARON NO RALLI FOTOGRÁFICO CELEBRADO O PASADO SÁBADO NA COSTA DA MORTE DENTRO DO PLAN DE COMERCIALIZACIÓN E PROMOCIÓN DO DESTINO TURÍSTICO (01-12-2009)

O territorio tamén estivo presente en Turexpo coa unidade móbil “Costa da Morte, un mar de vida” e un stand informativo

Un momento da celebración do IV Ralli fotográfico Costa da Morte

A Deputación da Coruña, dentro do Plan de Promoción e Comercialización do destino turístico Costa da Morte, celebrou o pasado sábado o IV Ralli Fotográfico Costa da Morte.

A pesar do mal tempo, máis de 30 personas participaron nesta carreira artística polo territorio á procura das imaxes que mellor reflictan a súa natureza esgrevia e as peculiaridades das súas xentes.

Desde primeira hora da mañá ata ao anoitecer, o grupo de expedicionarios percorreu os límites dos concellos de Camariñas (dende Santa Mariña, pasando pola praia do Trece ata cabo Vilán) e Carnota (onde se visitou a fermosa aldea de A Curra), descartando o paso por Fisterra a causa da chuvia e o vento, permanentes compañeiros de ruta durante toda a xornada, aínda que non impedimento para poder gozar da mutua compañía e a da natureza.

O premio á primeira mellor serie fotográfica recibirá unha fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas persoas; e os galardóns á mellor fotografía sobre a etnografía e beleza da Costa da Morte, sendos agasallos.

Promoción en Turexpo

O Plan de Promoción e Comercialización do destino turístico Costa da Morte, tamén estivo presente esta fin de semana na Feira Turexpo en Silleda coa unidade móbil e o stand informativo, co fin de establecer contactos comerciais e consolidar o territorio como destino turístico.

[Nota de Prensa]

O IV RALLI FOTOGRÁFICO COSTA DA MORTE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO NA COMARCA (27-11-2009)

O territorio tamén está presente esta fin de semana en Turexpo coa unidade móbil “Costa da Morte, un mar de vida” e un stand informativo

Logo PDTA Deputación da Coruña, dentro do Plan de Promoción e Comercialización do destino turístico Costa da Morte, organiza este sábado o IV Ralli Fotográfico Costa da Morte.

Nesta edición, os participantes deberán fotografiar dous temas, "Etnografía da Costa da Morte", e "Beleza da Costa da Morte", presentando catro fotografías por cada un. Todas as imaxes deberán realizarse en formato dixital e dentro dos límites dos concellos de Camariñas (dende Santa Mariña, pasando pola praia do Trece ata cabo Vilán), Carnota (onde se visitará a fermosa aldea de A Curra); e o tramo de costa do cabo Fisterra.

O premio á primeira mellor serie fotográfica recibirá unha fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas persoas; e os galardóns á mellor fotografía sobre a Etnografía e Beleza da Costa da Morte, sendos agasallos. A saída da carreira está prevista ás 08.30 horas da cafetería Cristal (rúa Bispo Romero Lema. Baio.Zas).

Promoción en Turexpo
O Plan de Promoción e Comercialización do destino turístico Costa da Morte, tamén está presente esta fin de semana na Feira Turexpo de Silleda, onde chega despois dunha intensa xira realizada por Barcelona, Donosti, Pamplona, León, Valladolid e Ourense, con presencia destacada nas principais feiras do sector como Expogalecia (Vigo), Agrotur (Barcelona) e Intur (Valladolid).

Tralo éxito acadado en Intur a pasada fin de semana, ao que asistiron máis de 43.000 visitantes e se estableceron contactos comercias entre empresarios da Costa da Morte e entidades do sector, a unidade móbil “Costa da Morte, un mar de vida” e o stand informativo trasladáronse a cidade de Ourense, na que se desenvolveron accións promocionais desde o pasado martes ata hoxe no centro comercial Ponte Vella e en varias rúas da cidade.

Desde mañá ata o domingo a campaña levarase a cabo en Turexpo, unha das principais feiras do sector, na que se espera consolidar a imaxe da Costa da Morte como destino turístico de primeira magnitude e atraer á comarca a un número elevado de visitantes, propiciando o crecemento da actividade económica.

Desde que se iniciaron as actividades o pasado mes de outubro na feira Expogalaecia de Vigo, lévanse repartidos mais de 5.000 paquetes de material promocional entre guías turísticas, mapas do territorio e publicacións sobre o patrimonio.

[Nota de Prensa]

Turexpo >>  

NOVO PLAN DE PROMOCIÓN DA COSTA DA MORTE (05-11-2009)

Un autobús percorrerá varias cidades españolas durante os meses de outubro e novembro

De eqda. a drta: Manuel Pan, presidente de APTCM; Pablo Villamar, vicepresidente da Deputación da Coruña; e José Ramón Varela Rey, alcalde de MalpicaO novo Plan de Promoción e Comercialización do Destino turístico Costa da Morte vaise desenvolver durante os meses de novembro e decembro. O principal obxectivo desta iniciativa é consolidar a imaxe da Costa da Morte como principal destino non masificado e de calidade, procurando a desestacionalización do turismo.

O plan vai dirixido, por unha banda, á poboación local, co fin de tratar de implicala no desenvolvemento do territorio, e, pola outra, aos turistas, últimos destinatarios das accións incluidas no proxecto.

Entre as iniciativas que se van levar a cabo destaca a asistencia a feiras de turismo como Expogalaecia, xa celebrada no pasado mes de outubro, Agrotur (Cornellá-Barcelona), Turexpo (Silleda) e Intur (Valladolid), e a celebración dunhas xornadas gastronómicas con produtos autóctonos na Casa de Galicia en Madrid. A asistencia a estas mostras farase cunha caseta e nun autobús promocional da Costa da Morte, que tamén percorrerá cidades coma Vigo, Ourense, Lugo, Donosti, Pamplona, León, Valladolid e Madrid.

O plan tamén inclúe a presencia de casetas promocionais en varios centros comerciais, unha campaña publicitaria nos principais medios de comunicación galegos e nos mercados emisores; a realización de novos soportes promocionais e material de merchandising; e a reedición das publicacións feitas ata o momento sobre a Costa da Morte.

[Nota de prensa]


Hemeroteca: 2008 · 2009 · 2010
Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte