A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.
Como chegar á Costa da Morte
· Dende A Coruña: Tome a
AC-552. Para visitar
Malpica debe chegar ata
Carballo e tomar a
AC-442. Para visitar
Ponteceso dende a
AC-442 tome o desvío de
Buño. En Ponteceso siga a
AC-430 e poderá achegarse a
Laxe e
Cabana. Dende aquí continúe pola
AC-430 ata
Baio e volverá á
AC-552. Dende aquí pode tomar a
AC-404 que leva a
Zas (dirección Santiago) ou continuar dirección
Cee. Dende aquí, e para visitar
Fisterra, tome o desvío da
AC-445; Se quere visitar
Carnota e
Muros deberá tomar dende Cee a
AC-550.
· Dende Santiago de Compostela a Fisterra: Saia da capital compostelá pola
AC-404 dirección
Portomouro (14 quilómetros). Aquí xire á esquerda e continúe pola
AC-404 ata chegar a
Santa Comba (19 quilómetros). Nesta localidade debe tomar a
AC-400 dirección
A Pereira (7.5 quilómetros). De seguido, saia da Pereira pola
AC-441 ata
Berdoias (22 quilómetros). Nesta localidade do concello de Dumbría deberá tomar a
AC-552 dirección
Cee (17 quilómetros). Agora debe incorporarse á
AC-445 para continuar dirección
Corcubión (1.6 quilómetros) ata chegar a
Fisterra (12.7 quilómetros).
· Dende Santiago de Compostela á Zona Norte (Carballo): Saia pola estrada
AC-404 dirección
Portomouro (14 quilómetros). Siga dereito e continúe pola
AC-1914, que leva a
Carballo. (31.6 quilómetros)
· Dende Santiago de Compostela á Zona Sur (Muros): Tome a
AC-543. Pouco antes de chegar ao lugar de
Albariza (32.7 quilómetros) a estrada bifúrcase. Siga á dereita pola
AC-311 dirección
Serra de Outes ata chegar á
AC-550, que leva a
Muros (33.8 quilómetros) pola Costa.