Galego | Castellano | English
A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.

Que é?

Presentación do Plan de Dinamización Turística

Logotipo do Plan de Dinamización Turística da Costa da MorteOs obxectivos principais do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte son a posta en valor e uso turístico dos recursos da zona, sobre todo de tipo cultural e natural, e a creación de novos produtos a partir dos recursos existentes. Así mesmo, plantéxase o deseño de políticas e estratexias de produto, prezo, promoción e comercialización, ao tempo que se realizarán actuacións para a mellora do medio ambiente. Por último, o Plan permitirá o fortalecemento e integración da oferta e da estrutura empresarial mediante a posta en valor de proxectos nos que a participación empresarial axude á creación do seu propio tecido asociativo.

O Plan prevé a elaboración dun Plan de Calidade para que os establecementos de hostalería, restauración, comercio, servizos públicos e outros sectores poidan ofrecer os mellores servizos aos turistas que visitan a zona. Tamén se contempla a instalación de paneis indicativos de acceso en cada un dos municipios, e o deseño de rutas de sendeirismo e cicloturismo pola zona.

Estas e outras moitas accións farán do PDT da Costa da Morte unha acción conxunta da administración e o sector privado, que creará unha imaxe de marca do noso destino turístico e deixará tras de si acción en canto a rehabilitación de espazos para ser usados polos turistas que de seguro marcarán o futuro do turismo na Costa da Morte.



http://www.turismocostadamorte.com
info@turismocostadamorte.com

Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte