Galego | Castellano | English
A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.

Benvidas/os á Costa da Morte

A GASTRONOMÍA DA COSTA DA MORTE PRESÉNTASE EN MADRID DA MAN DOS GRANDES CHEFS (19-01-2010)

O autobús promocional tamén se desplazará a Fitur do 20 ao 24 de xaneiro

Imaxe promocional do Plan de Promoción e Comercialización do Destino Turístico Costa da MorteO Plan de Promoción e Comercialización do Destino Turístico Costa da Morte posto en marcha pola Deputación da Coruña en outubro de 2009 conclúe esta semana na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid con dúas citas de grande importancia.

Este mércores 20 de xaneiro terá lugar no Restaurante Sanxenxo unha pasarela gastronómica á que asistirán expertos en turismo e críticos gastronómicos de prestixio internacional e prensa especializada.

Cunha coidada escenografía e orixinal guión, no evento tratarase de amosar a gran riqueza culinaria da Costa da Morte da man de tres restauradores, así como a nosa mellor materia prima.

Fernando Agrasar, propietario de "As Garzas" en Malpica e estrela Michelín, abrirá o apetito con tres bocados de primeira: Longueiróns de Fisterra en aceite verde de cítricos, Caldiño de mariscos e peixes da Costa da Morte e Percebes do Roncudo con cachelos de Coristanco. O chef do restaurante "Combarro" en Madrid presentará, de seguido, unha Empanada de berberechos da Cabana; e Sacha Hormaechea, xefe de cociña do restaurante "Sacha", poñerá o punto e final ao concerto culinario cunha Torta interpretada de rixóns da Laracha. Á degustación destes pratos sumarase a presentación do prestixioso Pan de Carballo.


Unidade móbil
O destino turístico Costa da Morte tamén estará presente do 20 ao 24 de xaneiro na feira Fitur coa unidade móbil "Costa da Morte, un mar de vida".



[Ler a nova completa]

Fitur >>  

A COSTA DA MORTE VISITA CATALUÑA (08-01-2010)
O Maresme e Paisatges del Ter d`Osona.
Ampliar A COSTA DA MORTE VISITA CATALUÑA
LUGO ACOLLE UNHA CAMPAÑA PARA PROMOCIONAR O DESTINO TURÍSTICO COSTA DA MORTE (02-12-2009)
Unha unidade móbil equipada con tecnoloxía de última xeración estará na cidade desde mañá ata o sábado para dar a coñecer este territorio entre a poboación local
Ampliar LUGO ACOLLE UNHA CAMPAÑA PARA PROMOCIONAR O DESTINO TURÍSTICO COSTA DA MORTE
MÁIS DE 30 PERSOAS PARTICIPARON NO RALLI FOTOGRÁFICO CELEBRADO O PASADO SÁBADO NA COSTA DA MORTE DENTRO DO PLAN DE COMERCIALIZACIÓN E PROMOCIÓN DO DESTINO TURÍSTICO (01-12-2009)
O territorio tamén estivo presente en Turexpo coa unidade móbil “Costa da Morte, un mar de vida” e un stand informativo
Ampliar MÁIS DE 30 PERSOAS PARTICIPARON NO RALLI FOTOGRÁFICO CELEBRADO O PASADO SÁBADO NA COSTA DA MORTE DENTRO DO PLAN DE COMERCIALIZACIÓN E PROMOCIÓN DO DESTINO TURÍSTICO
O IV RALLI FOTOGRÁFICO COSTA DA MORTE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO NA COMARCA (27-11-2009)
O territorio tamén está presente esta fin de semana en Turexpo coa unidade móbil “Costa da Morte, un mar de vida” e un stand informativo
Ampliar O IV RALLI FOTOGRÁFICO COSTA DA MORTE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO NA COMARCA
NOVO PLAN DE PROMOCIÓN DA COSTA DA MORTE (05-11-2009)
Un autobús percorrerá varias cidades españolas durante os meses de outubro e novembro
Ampliar NOVO PLAN DE PROMOCIÓN DA COSTA DA MORTE

Hemeroteca: 2008 · 2009 · 2010
DESTACAMOS
Que verUnha guía dos lugares máis interesantes que non debes perderte na túa visita pola Costa da Morte.
AloxamentoSe estás buscando onde aloxarte aquí atoparás un directorio con información de hoteis, pensións, casas rurais, cámpings...
Rutas da Costa da MorteRutas a pé ou sobre rodas para percorrer as paraxes máis impresionantes da Costa da Morte.
O PDTToda a información do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte.
Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte