Galego | Castellano | English
A Costa da Morte: Consorcio de Turismo.Plan de Dinamización Turística.

Rutas sobre Rodas

CONSELLOS PRÁCTICOS PARA REALIZAR RUTAS SOBRE RODAS

1.- Asegurate de que teu vehículo é axeitado para a ruta que estás a punto de emprender.
2.- Revisa sempre o estado do teu vehículo antes de partir: freos, auga, aceite, batería, pneumáticos,... sen esquecer o combustible.
3.- Descansa ben antes da viaxe e evita a inxestión de alcol e outras substancias que poidan alterar a condución.
4.- Respecta as normas de circulación.
5.- Non esquezas levar un mapa da ruta para orientarte mellor.
6.- Moi importante: detén o vehículo cando queiras observar a paisaxe, desfruta e respecta a flora e fauna do lugar.

Camiño de Santiago a Fisterra

648 KB
Fisterra sempre suscitou a curiosidade dos peregrinos, desexosos por coñecer o fin da terra, o lugar onde o sol desaparece da vista. Esta ruta en catro etapas une Compostela con Muxía pasando por Fisterra, completando unha especie de epílogo do Camiño de Santiago. Ao chegar á meta o peregrino recibirá a Fisterrá, que acredita a súa chegada ao fin da terra.

Descargar Camiño de Santiago a Fisterra


Carballo-Caión

212 KB
Percorrido dende a capital de Bergantiños ata a vila mariñeira de Caión, con fermosas vistas dos extensos arenais da costa carballesa e numerosas mostras de arte relixiosa.

Descargar Carballo-Caión


O Pindo-Muros

182 KB
Paseo ao borde do mar disfrutando das fermosas vistas da ría de Corcubión e a de Muros e Noia mentres se avanza en paralelo ao monte Pindo. No percorrido atopamos curiosidades como o hórreo de Carnota, o máis longo de Galicia.

Descargar O Pindo-Muros


Ruta dos dolmens

168 KB
Percorrido polos monumentos megalíticos máis representativos da Costa da Morte.

Descargar Ruta dos dolmens


Ruta dos faros

229 KB
Dúas etapas son precisas para completar esta ruta que une Cabo Vilán e Fisterra seguindo a liña do litoral. Ao longo do percorrido atopamos as vilas costeiras máis representativas da Costa da Morte (Muxía, Camariñas e Fisterra) e os faros que iluminan as puntas máis occidentais da península Ibérica.

Descargar Ruta dos faros


Ruta dos pazos

195 KB
Partindo das torres do Allo, a Ruta dos Pazos adéntrase en Zas e Vimianzo, dous concellos da comarca de Terra de Soneira, ricos en restos históricos e especialmente en casas señoriais.

Descargar Ruta dos pazos


Volver
Asociación profesional do sector turístico da Costa da Morte