UNHA NOVA PROPOSTA PARA `CAMIÑAR´ A COSTA DA MORTE (27-06-2008)
Incorporamos, coa colaboración do Concello, un percorrido a pé pola natureza e a historia de Camariñas.
Construcións de interese histórico - etnográfico, paisaxes espectaculares, lembranzas de naufraxios e esculturas naturais son os principais atractivos da Ruta PRG-38 da Costa da Morte, no seu percorrido por Camariñas. Gracias a esta achega do Concello, ofrecémoslles un folleto que xa poden visualizar e/ou descargar nesta web, co que enriquecemos a sección de Rutas a Pé e incorporamos unha nova proposta de lecer para este verán.
Nos seus 19 quilómetros de percorrido atoparánse con puntos de interese como o castro da Croa, o castelo do Soberano ou o cemiterio dos Ingleses, e con paisaxes realmente espectaculares, entre as que destacamos as vistas que se poden apreciar desde o Monte Pindo.
[Ruta Costa da Morte P.R.G.- 38 (PDF)]· Outras Rutas >>
· Web do Concello >>